martes, abril 30, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño divide o seu goberno municipal en tres áreas

Tomiño divide o seu goberno municipal en tres áreas

- Establécense as áreas de Territorio e Ambiente, Social e Promoción do Benestar e Parroquias, Obras e Participación Veciñal, que englobarán varias concellerías

O Concello de Tomiño organizará o seu Goberno municipal en tres grandes áreas principais. Neste camiño, o Goberno local contará coas áreas de Territorio e Ambiente, Social e Promoción do Benestar e Parroquias, Obras e Participación Veciñal, englobando cada
unha delas varias concellerías con responsabilidades específicas.


“Esta nova estrutura do equipo de Goberno reflicte o noso compromiso por
poñer aos veciños se veciñas no centro de todas as nosas accións, dándolles
voz para construír un futuro próspero e sostible para o noso municipio”,
salientou a alcaldesa, Sandra González. A rexedora destacou ademais que con
estas áreas claramente definidas “poderemos brindar unha atención máis
directa coa veciñanza e fortalecer lazos para seguir gobernando con
responsabilidade, transparencia e proximidade”.


A primeira área, Territorio e Ambiente, estará coordinada por Uxío Benítez, que
asumirá a Concellería de Planificación Estratéxica, Facenda e Acción Urbana.
Lois Vázquez estará ao fronte da Concellería do Ciclo da Auga e Eficiencia
Enerxética, mentres que Ana Belén Casaleiro encargarase da Concellería de
Medio Ambiente e Axenda 2030.


Pola súa parte, Cristina Martínez coordinará á área de Parroquias, Obras e
Participación Veciñal e asumirá a Concellería de Parroquias e Participación
Veciñal. Esta área compleméntase coa Concellería de Obras e Acción Rural, a
cargo de Alexandre Pérez.


Finalmente, a área Social e de Promoción do Benestar estará coordinada por
Rubén García, quen tamén asumirá a Concellería de Benestar Social e
Deporte. Esta área incluirá tamén á Concellería de Cultura, Patrimonio e
Normalización Lingüística, con Ana Isabel Fernández Carrera como
responsable, e a Concellería de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil,
encabezada por Ana Fernández Ordóñez.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES