jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoDetida unha empregada de Vitrasa e a súa parella pola queima de...

Detida unha empregada de Vitrasa e a súa parella pola queima de buses

A Policía Nacional detivo en Vigo a un home e a unha muller como presuntos autores dos incendios provocados en dous autobuses de Vitrasa, a empresa concesionaria do servizo de autobús urbano en Vigo, que quedaron completamente calcinados o pasado 1 de maio.

A maxistrada do Xulgado de Instrución nº1 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home, así como a posta en liberdade da súa parella. En calquera caso, investígase a ambos por un delito de danos.

Segundo informou este mércores a Policía, ambos son parella e o autor dos incendios é o home, mentres que a muller, que actuou como cómplice, é unha traballadora de Vitrasa, empresa que mantén desde hai máis de dous anos un conflito co seu persoal, que pide melloras de salarios e que leva seis meses protagonizando paros e folgas intermitentes.

Os feitos remóntanse á madrugada do domingo 1 de maio, cando un autobús con seis pasaxeiros no seu interior ardeu no barrio de Bouzas, mentres que o segundo fíxoo media hora despois cando circulaba polo centro de Vigo, fronte ao farol onde conflúen as rúas García Barbón e Colón, tamén con pasaxeiros no seu interior.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES