viernes, marzo 29, 2024
InicioActualidadeDeportesQueren converter o Concello de Baltar na capital do Parapente

Queren converter o Concello de Baltar na capital do Parapente

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, vén de manter un encontro co alcalde de Baltar, José

Antonio Feijoo, para estudar a posibilidade de recuperar unha zona da Serra de Larouco co gallo de potenciar o voo libre en parapente. En concreto, trátase dunha área erosionada por mor dos arrastres producidos pola auga, que complican o acceso e o tránsito, así como o despegue e a aterraxe das persoas que practican este deporte.

Coas actuacións previstas, búscase mellorar unha contorna considerada privilexiada para esta práctica polo Club Parapente Baltar, que tamén participou no encontro. A intervención procura realizar a recuperación dun espazo público singular de cara ao seu aproveitamento tanto por parte da veciñanza como por parte dos visitantes desta localidade ourensá, non só acondicionando o terreo senón tamén establecendo zonas de estacionamento ou de descanso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES