domingo, mayo 19, 2024
InicioComarcasLouriñaRematadas as obras de mellora da seguridade viaria nos camiños do Monte...

Rematadas as obras de mellora da seguridade viaria nos camiños do Monte en Torroso e do Cocho en Tameiga

O Concello financiou con fondos propios estas obras cun orzamento de preto de 34.000 euros

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que o Concello de Mos xa finalizou a acometida das obras de “Mellora da seguridade vial no Camiño do Cocho-parroquia de Tameiga e Camiño do Monte-parroquia de Torroso”.
Trátase dunha mellora integramente financiada con fondos propios municipais cuxo orzamento ascende a preto de 40.000 euros. 33.917,26 euros, para ser exactos.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Para o que desenvolve un Plan Anual Municipal de Asfaltados.
Dentro deste Plan Local de Mellora da Seguridade Viaria para o ano 2023 contémplase seguir a manter e optimizar o viario municipal, que se emprega como enlace para acceder ás infraestruturas viarias, xa sexa do Estado, autonómicas ou provinciais.
Grazas á pavimentación nos Camiños do Monte e do Cocho, mellorouse sensiblemente o firme e con el a seguridade viaria de condutores e peóns.
En total optimizáronse preto de 600 metros de viarios municipais entre os dous camiños. Exactamente 583,50 metros: 311,50 metros do Camiño do Monte e 272 metros do Camiño do Cocho.
A realización da mellora da pavimentación dos camiños municipais supuxo a mellora da seguridade viaria nos mesmos. Incluíu actuacións previas como desbroce lateral, e limpeza de cunetas. A rehabilitación de firmes e pavimentos fíxose acorde coa Instrucción de Estradas do Ministerio de Fomento mediante a regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 centímetro de asfalto, recrecido, consistente na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 centímetros de espesor, estendida e compactada. Previa a extensión de dita capa, realizouse unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.
Como obras adicionais necesarias e imprescindibles para que a obra quedara perfectamente rematada, e garantir totalmente a seguridade viaria, acometeuse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES