domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísO cura vigués acusado de abusar de 6 nenos, en busca e...

O cura vigués acusado de abusar de 6 nenos, en busca e captura

O sacerdote salesiano tiña que ingresar a máis tardar este luns na prisión, pero venceu o prazo e non se presentou, polo que a Audiencia emitiu esa orde de busca e captura contra el.

Segundo Cousido Vieites foi condenado a 35 anos e medio de prisión por abusar no ano 2019 de 6 menores que asistían a un campamento nas instalacións que a congregación ten en Castrelo.

Unha condena que, tras numerosos recursos do acusado, no mes de outubro ratificou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os feitos rexistráronse nun campamento organizado pola congregación na súa sede de Cambados e nunha peregrinación a Santiago, así como, respecto a un dos menores, mentres vían a final da Champions nunha asociación xuvenil da que o colexio estaba a cargo, segundo recolle na sentenza da Audiencia Provincial.

Na resolución xudicial da Audiencia de 2021 indicábase que o sacerdote “aproveitou a situación de superioridade derivada da súa profesión”, da confianza que os menores, para realizarlles tocamentos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES