viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño incorpora 21 traballadores ao seu cadro de persoal

O Concello do Porriño incorpora 21 traballadores ao seu cadro de persoal

Desenvolverán as súas funcións nos diferentes servizos municipais

Trátase concretamente de un oficial de carpintería, un de soldadura, un de albanelería, un tractorista-condutor con guindastre e dous peóns de obra pública para o Departamento de Obras; oito peóns forestais para o Departamento de Parques, xardíns e limpeza; un auxiliar de enfermería para a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e seis conserxes para diferentes departamentos municipais.
Estas contratacións efectuáronse con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra e o Concello do Porriño fai unha aportación de preto de 50.000 euros.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiunos hoxe para darlles a benvida ao seu novo posto de traballo. “Temos moito que facer e o voso traballo será esencial para prestar un mellor servizo á veciñanza así que benvidos a este equipo a todas e todos”, apuntou o alcalde que ademais os animou a “esta oportunidade, non só para adquirir experiencia, tamén para sumar coñecementos que sen dúbida vós serán de axuda na vosa carreira profesional”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES