sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasO CondadoO PSOE de Salvaterra de Miño aposta por "levar á práctica a...

O PSOE de Salvaterra de Miño aposta por «levar á práctica a Eurocidade»

Entrevista co candidato a obter o bastón de mando do municipio, o socialista Félix González.

Poñer en práctica a Eurociade de Salvaterra de Miño e Monçao e compartir máis servizos. É unha das propostas que fai o candidato do PSOE a obter o bastón de mando do municipio, Félix González, quen apunta en Si Radio de Galicia que a eurocidade «existe na teoría pero non na práctica».

Amáis, di Félix González que, no caso de que chegue a alcaldía, o primero que fará será unha auditoría do Concello.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

Nas pasadas eleccións municipais, o PSOE acadou catro concelleiros e concelleiras dos sete que son necesariso para a maioría absoluta no municipio. Sete son os que ten o PP da actual rexedora Marta Valcárcel. Os socialistas mudaron para estas eleccións a cabeza de lista posto que a arquitecta Rocío Bernárdez deixa de ser a cabeza de lista e toma as rendas do partido o graduado en Xestión Pública, Félix González.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES