viernes, marzo 29, 2024
InicioO PaísPontevedraInvestigados dous mozos polo roubo de gasoil en Meaño

Investigados dous mozos polo roubo de gasoil en Meaño

Identificados os presuntos autores de varios furtos de gasoil en máquinas retroexcavadoras en Meaño

O Posto da Garda Civil de Sanxenxo identificou o pasado 11 de febreiro aos presuntos autores de varios delitos de furtos de gasoil en máquinas retroexcavadoras que suceden de maneira continuada desde o pasado mes de setembro e que causarían unhas perdas económicas ao seu propietario superiores aos 15000 euros.As pescudas iniciáronse por mor da denuncia interposta por un veciño de Meaño (Pontevedra), no Posto de Sanxenxo, na que facía constar que era obxecto de tales subtraccións durante as madrugadas, chegando a contabilizar un total de 11 episodios.
Grazas á colaboración cidadá así como aos dispositivos de vixilancia establecidos pola Garda Civil os autores fosen pillados “in fraganti” na noite do pasado día 11, cando se dispoñían de novo a extraer o carburante das máquinas, apoiándose nun motor de extracción que alimentaban coa propia batería do seu vehículo, o que lles permitía desenvolver a acción con celeridade e evitar ser descubertos.
No momento de ser sorprendidos, intervéñenselles os útiles para a extracción do gasoil, xunto con varios efectos que portaban no interior do vehículo da súa propiedade, tales como coitelos, tesoiras, ferramentas e outros aveños.
Os presuntos autores do feito, de 28 e 19 anos contan con varios antecedentes por feitos similares.
As dilixencias foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Cambados #ante os que deberán responder os investigados cando sexan citados para iso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES