lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO Condado"Peonalización en Ponteareas, si, pero sen este modelo autoritario"

«Peonalización en Ponteareas, si, pero sen este modelo autoritario»

Entrevista co candidato de EU e Podemos en Ponteareas, Manoel Ucha.

Peonalización en Ponteareas, si, pero cun proceso participativo e non co actual modelo autoritario. Así o di Manoel Ucha o que xa é o candidato oficial do espazo de Esquerda Unida e Podemos da vila do Tea. Con Ucha ábrese unha nova etapa na esquerda do municipio logo de que o anterior cabeza de lista Lino Costas conseguira obter uns resultados para influír na sesión de investidura do 2015, pero que no 2019 non conseguiu manter.

Agora, para as eleccións de 2023, EU e Podemos decidiron nunhas xuntanzas que a mellor opción para recuperar ese poder de influencia é Manoel Ucha, que ademáis é un dos voceiros da principal asociación de soporte social de Ponteareas, Ponte Solidario.

En canto ao programa co que se presentarán as eleccións de maio, destaca, entre outros aspectos, apostar pola peonalización, «pero que conte cun proceso participativo e fuxindo do actual modelo autoritario que existe», di Manoel Ucha en Si Radio, quen apunta que «sobre moito cemento».

Outro dos puntos con máis peso no programa é impulsar o transporte público, con lanzadeiras que chegen aos polígonos industriais. En Si Radio, explica Manoel Ucha que levarase a cabo mediante convenios e, no caso de que isto non se consiga, «será mediante unha empresa pública».

Escoita a entrevista completa, aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES