Unha muller resultou ferida leve ao arder por completo unha vivenda unifamiliar en Salvaterra de Miño. O incendio declarouse na parroquia de Corzáns, por causas que todavía se descoñecen.
No momento do sinistro, a muller estaba no interior da vivenda, o cal lle causou feridas leves. Ata o lugar, desprazouse a Protección Civil do Porriño.

