HomeNewsActualidadeObradoiro infantil de cuncas creativas na Biblioteca Municipal de Mos polo Día...

Obradoiro infantil de cuncas creativas na Biblioteca Municipal de Mos polo Día da Biblioteca

A Biblioteca Municipal María Magdalena de Mos celebrará o vindeiro 24 de outubro o Día da Biblioteca cun obradoiro creativo dirixido ao público infantil. Baixo o título “Cuncas creativas: imaxinación en cerámica”, a proposta permitirá que os nenos e nenas participantes decoren a súa propia cunca e experimenten coa cor, o debuxo e a creatividade.

A actividade terá lugar ás 12.00 horas nas instalacións da biblioteca municipal e está pensada para menores de entre 4 e 10 anos. A través desta iniciativa, os participantes poderán achegarse á expresión artística nun ambiente lúdico, combinando a creación plástica co espazo da biblioteca como lugar de encontro e aprendizaxe.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a inscrición chamando ao teléfono 986 33 80 80.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS