jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísGalicia, Asturias e Castela e León reclaman o Corredor Atlántico

Galicia, Asturias e Castela e León reclaman o Corredor Atlántico

Galicia, Asturias e Castela e León cifran en 7.900 millóns de euros os investimentos necesarios para impulsar o corredor atlántico de mercadorías e piden o mesmo trato que o corredor do Mediterráneo.

Cumio a tres en Santiago de Compostela. As tres comunidades pídenlle ao Goberno central un calendario de obras e orzamento para impulsar esta obra.

Defenden que este corredor axudará o noroeste a ser máis competitivo ao triplicar o transporte de mercadorías, a reducir emisións de CO₂, a reducirlles custes ás empresas e a crear preto de  6.200 empregos cada ano.

Os presidentes de Galicia, Alfonso Rueda (PP); de Asturias, Adrián Barbón (PSOE); e de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco (PP), asinaron unha declaración institucional con estas demandas nun encontro celebrado en Santiago e ao que asistiron un milleiro de persoas, entre empresarios e responsables de portos e plataformas loxísticas. Os tres pediron o mesmo trato para o noroeste que para o corredor do Mediterráneo.

O Goberno central nomeou hoxe mesmo un comisionado para o Corredor Atlántico.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES