domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsO PaísPreto de 4.000 xóvenes reciben axudas para sacar o carné

Preto de 4.000 xóvenes reciben axudas para sacar o carné

As axudas convocadas pola Xunta para que a xuventude obteña o carné de conducir beneficiaron a preto de 4.000 mozos nos últimos anos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou un incremento da cuantía para estas axudas na próxima convocatoria.

As achegas van dos 400 aos 1.300 euros para os permisos de coche, camión ou autobús.
Son moitas as motivacións para obter o carné, sexa por autonomía, como unha inversión de futuro ou para acceder ao mercado laboral.

Rueda subliñou que “é un requisito case imprescindible para optar a moitos postos de traballo”.

A próxima convocatoria de achegas aínda está en resolución, e o presidente da Xunta indicou que xa se recibiron case 4.000 peticións, das que a metade xa están tramitadas.

As contías serán de 400 euros para o carné de coche, 650 euros para o de camión e 1.300 para o do transporte de pasaxeiros, tendo en conta que, como novidade, na última convocatoria incluíuse tamén a financiación do carné de autobús.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES