lunes, mayo 6, 2024
InicioNewsO PaísA neve mantense nos 400 metros tras dificultar a circulación vial

A neve mantense nos 400 metros tras dificultar a circulación vial

A neve que caeu nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense causou problemas de circulación nas principais vías de comunicación e tamén nas estradas secundarias.

Obrigou aos axentes de Tráfico da Garda Civil a parar aos camións á primeira hora deste mércores en lugares habilitados tanto na Autovía do Noroeste (A-6) como na do Cantábrico (A-8).

Dendea caída do viaduto do Castro, o tráfico desvíase pola estrada nacional. Moitos camioneiros tiveron que pasar a noite retidos na área de servizo do Corgo.

En Lugo cumpríronse as previsións e o descenso da cota de neve pintou de branco a cidade das murallas. Cumpríronse as predicións e as folerpas caeron pola mañá.

Na autovía dass Rías Baixas (A-52), no acceso polo concello ourensán da Gudiña, a Garda Civil tivo que escoltar un convoi dun cento de camións para poder superar o porto de montaña logo de que quedasen atrapados na provincia castelán-leonesa.

O aviso amarelo por neve desactívase esta noite de mércores  no interior de Ponvedra e da Coruña, onde se agarda tamén que as temperaturas vaian subindo progresivamente.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES