domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsO PaísEste mércores tamén se suspende parte do transporte escolar

Este mércores tamén se suspende parte do transporte escolar

A previsión de evolución da neve fai decidir á Xunta ampliar a este mércores a suspensión do transporte escolar nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, e tamén no sur da provincia de Ourense, polas nevaradas. 

En total son 18 os centros educativos os afectados.

Desde Educación advirten de que as autoridades tamén van manter un seguimento das condicións meteorolóxicas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro e sur de Lugo, noroeste de Ourense e Valdeorras.

Este martes mantense a suspensión do transporte en 17 centros da montaña de Lugo e Ourense. Non obstante, os alumnos que dispuxeron de transporte para acudir ás súas escolas e institutos en horario de mañá, contarán con autobuses para facer a viaxe de regreso, a pesar de que inicialmente se anunciara que se suspendera este servizo.

A suspensión manterase nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro e sur de Lugo, noroeste de Ourense e Valdeorras para aqueles que fagan viaxe de ida e volta en horario de tarde.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES