miércoles, septiembre 27, 2023
Google search engine
InicioComarcasO CondadoDetidos catro veciños de Ponteareas acusados de tenencia ilítica de armas, tráfico...

Detidos catro veciños de Ponteareas acusados de tenencia ilítica de armas, tráfico de drogas e roubo

No marco da operación LOMBO-TUI, a Garda Civil atopou na vivenda unha escopeta, un rifle, munición , e televisores, entre outros obxectos.

A Garda Civil detivo a catro veciños de Ponteareas aos que se lles atribúe a presunta autoría dunha vintena de delitos de roubo cometidos durante os últimos meses en distinas vivendas do municipio da vila do Tea e en zonas veciñas, dous delitos de tenencia ilítica de armas e un delito de tráfico de drogas.

As investigacións realizadas polo Equipo de Policía Judicial de Tui e a Área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Ponteareas, no marco da operación LOMBO-TUI, concluíron co esclarecemetno dos roubos con forza en distintas vivendas realizados na comarca do Condado e da Paradanta.

No rexistro do domicilio dunha vivenda, atopáronse, entre outros obxectos, unha escopeta, un rifle, munición, reloxos, televisores así como diversas ferramentas xunto con 8 gramos de cocaína.

Os detidos e as dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xuzgado de Instrucción número 1 de Ponteareas.

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES