lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO Condado"Calquera outro goberno sacaría maioría absoluta no 2023 cos proxectos que executamos...

«Calquera outro goberno sacaría maioría absoluta no 2023 cos proxectos que executamos en Ponteareas»

Entrevista coa candidata do BNG para obter o bastón de mando da vila do Tea, Cristina Fernández Davila.

«Calquera outro goberno sacaría maioría absoluta cos proxectos que levamos acabo en Ponteareas». Así o di a candidata do Bloque Nacionalista Galego e actual alcaldesa, Cristina Fernández Davila, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia, onde apuntou que «agora queda explicalos aos veciños e as veciñas porque igual non o fixemos o suficiente». Di a candidata do BNG que aspira a atraer empresas e facer de Ponteareas unha vila máis dinámica e moderna.

En canto ás persoas que lle acompañarán na candidatura, di que «haberá caras novas e que seguirán outras que se presentaron tamén con Xosé Represas e tamén das que estamos no goberno». Aspira Fernández Davila a «conseguir os máximos resultados posibles»  pero no caso de que as contas non den por separado, explica, estarían dispostos a revalidar o pacto co Partido Socialista.

Escoita a entrevista completa aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES