Entrevista co director da obra, Cándido Pazó.
A compaía Contraproduccións leva este venres ás 21:30 horas ao Teatro Municipal de Tui a obra de teatro “Cigarreiras”, dirixida por Cándido Pazó. Trátase dun drama baseado en “La Tribuna” da escritora galega Emilia Pardo Bazán aínda que o director explica en Si Radio que “fixen unha adaptación libre na que busquei o punto de vista femenino”.
Escoita a entrevista completa co director, Cándido Pazó, aquí:

