lunes, febrero 26, 2024
InicioNewsO PaísUn traballador morre aplastado nunha canteira na Fonsagrada

Un traballador morre aplastado nunha canteira na Fonsagrada

Un traballador dunha canteira da Fonsagrada (Lugo) perdeu este luns a vida tras quedar atrapado baixo unha masa de pedras.

Os feitos sucederon en Vilarín de Riba. Ata alí acudiron os bombeiros de Sarria para tentar liberar por completo á vítima.

«Trátase dun complicado rescate debido á gran cantidade de terra que teñen que mover», explicaronn desde o 112. Os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do home.

Á canteira tamén se desprazaron axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada tras ser alertados polo 112 Galicia, que recibiu a alerta do accidente laboral ás 12.30 horas de hoxe.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES