martes, mayo 21, 2024
InicioComarcasLouriñaSete policías do Porriño reciben a medalla ao mérito pola súa intervención...

Sete policías do Porriño reciben a medalla ao mérito pola súa intervención na explosión en Paramos

Daniel Rodríguez, Brais Roca, Benjamín Blanco, Francisco Javier Rodríguez, Antonio Pereira, Adolfo Suárez, Sergio García, recibiron o máximo recoñecemento pola súa excepcional actuación en acto de servizo

Sete axentes da Policía Local do Porriño recibiron a Medalla ao Mérito Policial en recoñecemento ás actuacións excepcionais en acto de servizo pola súa intervención na explosión da pirotecnia da parroquia tudense de Paramos, en maio do ano 2018, na que faleceron dúas persoas e provocou numerosos danos persoais.
O inspector xefe, Daniel Rodríguez, os axentes Brais Roca, Benjamín Blanco, Francisco Javier Rodríguez e Sergio García, e os oficiais Antonio Pereira, Adolfo Suárez, recibiron o máximo recoñecemento nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, puxo en valor o “labor fundamental que desenvolven os nosos axentes da Policía Local, traballando sempre en primeira fila e estando aí sempre que se lles necesita. Eles son esa man que se tende nos momentos máis duros, como o que aconteceu en Paramos. A nosa admiración a todos eles”.
Estes sete axentes acudiron ao municipio veciño tras a explosión de Paramos tan pronto se recibiu a alerta do 112 para cooperar nas primeiras tarefas de asistencia aos feridos, revisar as vivendas afectadas pola deflagración e axudar na evacuación dos feridos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES