viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsA RaiaA Eurorrexión pide ao Goberno o inicio dos trámites para o AVE...

A Eurorrexión pide ao Goberno o inicio dos trámites para o AVE Porto-Vigo

Portugal fixa o 2030 como o ano no que estará operativo.

 

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal vén de mandar unha mensaxe clara ás portas da cimeira hispano-lusa de Viana do Castelo ao pedirlle ao Goberno central «que inicie de maneira inmediata a tramitación necesaria para facer efecitva a Alta Velocidade entre Porto e Vigo nos prazos previstos polo goberno luso». Así o dixo o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na clausura da xornada  “Desafíos actuais en infraestruturas transfronteirizas e
desenvolvemento económico da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal”, organizadas pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da nosa Eurorrexión e a Confederaciónde Empresarios de Galicia (CEG).

Pola súa banda, o director da AECT da Eurorerxión, Nuno Almeida, subliñou «a vontade expresada a un lado e outro da raia de ver resoltos os impedimentos de mobilidade de persoas e de produtos nunha zona da fronteira que se afirma como de máis dinámica o que respecta ao movemento de traballadores».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES