viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasLouriñaMos segue a crear emprego coa apertura dunha nova superficie comercial

Mos segue a crear emprego coa apertura dunha nova superficie comercial

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de licenza de construción de nave a ALDI Supermercados S.L.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal, informaron da concesión de licenza para construción dunha nova nave na zona comercial de As Angustias (Sanguiñeda) por parte de ALDI Supermercados S.L.
Trátase dunha zona que leva experimentado unha gran expansión e crecemento desde o ano 2012, xa que desde entón lévanse asentado en Sanguiñeda 2 grandes supermercados (Gadis e Mercadona, ALDI será o 3º), unha gran superficie dedicada á decoración e a bricolaxe, Leroy Merlin, e un restaurante dunha cadea internacional de comida rápida, Burguer King. Creando centos de empregos que continuarán a ampliarse agora coa nova apertura de ALDI, que xerará sobre 20 novos postos de traballo, e que implicará tamén a implantación de 3 novos operadores comerciais a maiores (2 de venda comercial e 1 de restauración autoservizo de comida rápida).

parcela aldiA licenza concedida na Xunta de Goberno Local autoriza a construción de nave para distribución comercial ALDI e 3 operadores comerciais. Por parte da sociedade ALDI Supermercados S.L., levarán a cabo as obras necesarias para a construción dunha nave comercial, destinada á venda de produtos de alimentación, así como tres locais na planta inferior, dúas delas dedicadas tamén á venda comercial e a terceira destinada á restauración de autoservizo.
A edificación divídese en dúas plantas diferenciadas mediante plataforma. Na cota superior atópanse as instalacións destinadas á distribución comercial da propia marca e aparcamento, accedendo dende a rúa das Angustias (antiga N-120). Á planta inferior accédese mediante rampla desde esta mesma rúa ou mediante rampla que comunica ambas as plataformas. Esta superficie repártese nunha edificación para distribución de comida rápida de autoservizo na zona oeste do solar e en aparcamento, dous locais para operadores alleos á promotora e carrís de circulación na zona este do solar, baixo plataforma.
O obxecto do proxecto, redactado pola enxeñería Soltec Ingenieros, ten como actividade principal a venda polo miúdo de produtos de alimentación e de limpeza do fogar. Como actividade secundaria inclúese o aparcamento de vehículos para os clientes. A empresa instalarase nun solar situado en Rúa das Angustias, antiga N-120. O proxecto inclúe as instalacións da súa nave comercial, con todos os anexos correspondentes necesarios para a súa actividade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES