HomeNewsActualidadeO Porriño presenta a programación do 25N baixo o lema “Nin medo...

O Porriño presenta a programación do 25N baixo o lema “Nin medo nin silencio: Liberdade”

O Concello do Porriño presenta unha programación de máis dun mes de duración en torno ao 25N, o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, baixo o lema, “nin medo nin silencio: Liberdade”.

O acto central terá lugar o propio día 25 cun acto no que os protagonistas serán os centros educativos do concello do Porriño. Trátase do acto simbólico “cadeiras vacías, voces presentes”. Un acto protagonizado por alumnos e alumnas de 4º da ESO que xa están traballando nas aulas para concienciar á mocidade sobre a importancia do respecto e da non violencia. 

Durante a posta en escena, instalaranse 45 cadeiras baleiras en semicírculo para lembrar ás vítimas. Unhas cadeiras que simbolizan a súa ausencia, nun circulo que debera ser un espazo de protección de coidado.  Os estudantes terán un papel protagonista no desenvolvemento desta acción, na que se lerán frases de homenaxe, depositaranse símbolos de memoria como flores e pañuelos, e culminará coa lectura dun manifesto conxunto que transforma a ausencia en presenza e o dolor nunha ferramenta de defensa.

A maiores, nas propias aulas desenvoleranse tamén obradoiros educativos “Matroensino”. Desenvolvidos por matronas especializadas, estes obradoiros achegan aos centros educativos contidos adaptados á idade do alumnado sobre educación afectivo-sexual, consentimento, autoestima, prevención de condutas de control e uso responsable das redes sociais.

Ademáis celebrarase a xornada sobre “Atención e Protección”, un encontro dirixido a todo o público interesado para afondar no sistema VioGén (dende a denuncia ata a baixa no sistema), na prevención e intervención psicolóxica a través dos programas da Xunta de Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), e no impacto da dobre vulnerabilidade nas mulleres.

En paralelo o Concello organiza un ano máis cursos de defensa persoal dirixido ao alumnado de 1º de bachiller nos IES do Concello.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS