jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pide unha moratoria de 2 meses para a frota de fondo

Galicia pide unha moratoria de 2 meses para a frota de fondo

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reclamou á Unión Europea unha moratoria de dous meses para a entrada en vigor do regulamento que lle prohibe pescar á frota de fondo en 87 zonas de augas entre Irlanda e o golfo de Cádiz.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana:

«Atrasar dous meses a medida non provocaría danos irreversibles nos hábitats, pero si os evitaría na frota», advertiu, nunha comparecencia no pleno do Parlamento a petición propia e por solicitude do BNG.

O veto supón, segundo Quintana, «unha cafrada» e un «golpe mortal» ao sector pois, segundo datos da conselleira, tería un impacto por persoa duns 24.000 euros anuais, máis de 347,5 millóns de euros para a frota afectada e uns 816 millóns para o conxunto da economía galega.

A conselleira volveu instar ao Goberno central a presentar un recurso contra este regulamento no Tribunal Europeo de Xustiza, pero tamén dixo que de non facelo sería a Administración galega a que o fixese, «aínda que con menos visos de prosperar».

Explicou Quintana que son os Estados os que teñen a «lexitimidade» para recorrer esta decisión ante a xustiza europea, pero insistiu en que a Xunta esgotará todas as vías para «frear esta cafrada» da Comisión europea que entrará en vigor o 9 de outubro e supoñería un «golpe mortal» para a frota galega.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES