martes, octubre 15, 2024
InicioNewsO PaísCaballero anuncia 205 euros para cada estudante vigués

Caballero anuncia 205 euros para cada estudante vigués

A meses das eleccións municipais, o alcalde de Vigo, Abel Caballero anuncia bolsas para libros e material escolar para cada vigués empadroado que curse Primaria ou Secundaria de 205 euros.

 Este mesmo curso, con carácter retroactivo recibirán as familias estas axudas.

Son bolsas de axuda ás familias por fillo escolarizado para cubrir os gastos da compra de libros de texto.

A contía é a que os técnicos calcularon que custan de media os libros de texto por cada neno.

Trátase dunha bolsa xeral para todos os alumnos de ensino primario e secundario obrigatoria da cidade.

As arcas municipais destinarán 5,2 millóns de euros para cubrir as necesidades dos 25.850 alumnos que poderán beneficiarse destas bolsas. Van beneficiarse 15.308 alumnos de primaria e 10.542 de secundaria.

O prazo de inscrición aínda non está aberto, nin tampouco o tempo de solicitude, que será de entre dúas e tres semanas. 

O Concello tentará abonar esa axuda en decembro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS