lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriña20 mulleres fórmanse en Mos para reducir as fendas dixital e de...

20 mulleres fórmanse en Mos para reducir as fendas dixital e de xénero

Participan no programa “Galegas Dixitais”

A concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, visitou ás 20 alumnas que comezaban nas aulas da Axencia de Colocación de Mos a acción formativa enmarcada no programa ‘Galegas Dixitais’.
Iniciouse este luns o curso ‘Galegas Dixitais’ no que participan 20 mulleres en situación de desemprego. Unha oportunidade única para que as mulleres, a través dunha formación gratuíta, adquiran as competencias dixitais necesarias para o seu día a día, para a súa empregabilidade e para o emprendemento.

O programa, está organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, e ten como principal obxectivo mellorar as capacidade dixitais de mulleres, favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero. Está financiado polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil, co que poderán por en práctica todo o aprendido.

Esta é a primeira das tres accións formativas deste programa que están previstas na Axencia De Colocación De Mos, polo que as interesadas en inscribirse nas vindeiras poden chamar ao teléfono 986 487786 ou escribir ao correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES