jueves, mayo 16, 2024
InicioComarcasLouriñaActividades na rúa para toda a familia coa Escola Studio57

Actividades na rúa para toda a familia coa Escola Studio57

Durante toda a semana a escola de baile porriñesa ofrece clases gratuítas.

A escola de baile Studio57 imparte esta semana clases gratuítas e abertas a todo o público nas rúas do Porriño, no marco da programación cultural e de ocio impulsada pola Concellería de Cultura e festexos, que dirixe Bienvenido Estévez.

As actividades comezaron este luns, con clases de Hip Hop Kids, contemporáneo, bachata e salsa na praza do Concello. O martes foi no parque da Alameda: capoeira familiar, break kids, zumba en familia e danza oriental.

Hoxe os máis pequenos desfrutaron de clases de debuxo e pintura na praza da Urbanización Sol e pola tarde, a partir das 21.00 h bachata e danza oriental.

O xoves será no parque do Cristo: Papis&Peques ás 10.00 horas e moderno kids ás 12.00 horas. A partir das 21.00 horas kizomba adultos e a partir das 22.00 horas samba adultos. Por último, o venres a partir das 10.00 horas pilates e a partir das 11.00 horas ioga no barrio de San Benito.

“As rúas do Porriño están vivas e ofrecen múltiples opcións de ocio”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo. “Nesta ocasión, grazas á escola porriñesa temos a oportunidade de pasar un bo rato e descubrir actividades que tal vez descoñecemos, por iso convido a todo o mundo a desfrutar delas”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES