miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasLouriñaCasar no Porriño é de balde

Casar no Porriño é de balde

O Concello derrogou a ordenanza fiscal que estipulaba una taxa de 100 euros por matrimonio civil.

O Concello vén de acordar a supresión da taxa pola prestación deste servizo estipulada na Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de matrimonio civil do Concello do Porriño.
A mesma, en vigor dende o ano 2012, estipulaba unha taxa de 100 euros. Os cambios producidos nos últimos tempos coa crise económica derivada da pandemia, o aumento da inflación co incremento de prezos de electricidade e combustible e a incerteza económica que atravesamos neste momento fan necesario, segundo explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “alixeirar na medida do posible as cargas sobre a veciñanza”. O rexedor destaca que “no ano 2021 tramitáronse neste concello 17 expedientes de matrimonio civil, que supuxeron uns ingresos de 1.700 euros. Non falamos de cifras que poidan provocar un desaxuste orzamentario e para moitas persoas é importante poder casarse no seu concello. Ao igual que noutros é gratuíto, no Porriño debía selo tamén”.
Con tal motivo, o goberno municipal propuxo a supresión da taxa pola actividade administrativa iniciada e desenvolvida pola prestación de matrimonio civil e a derrogación da ordenanza fiscal que a regula, obtendo o respaldo do pleno

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES