viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaRebáixase nun 60% o prezo por baleirado de fosas sépticas en Mos,...

Rebáixase nun 60% o prezo por baleirado de fosas sépticas en Mos, Porriño, Salceda e Tui

Así o acordou o Consorcio de Augas do Louro

O Comité Directivo do Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de pozos negros e fosas sépticas, e o posterior traslado dos residuos ás instalacións da EDAR de Guillarei.
Esta modificación permite rebaixar o prezo que a veciñanza que non dispón de conexión á rede pública de saneamento ten que pagar polo baleirado da fosa séptica. Ata o de agora o prezo a aboar era de 100 euros, reducíndose agora a 40 euros mais IVE por cuba de 5 metros cúbicos ou fracción e por cada 90 minutos ou fracción. Tamén se rebaixa a limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros a 40 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES