viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaA escola infantil do polígono da Granxa é xa unha realidade

A escola infantil do polígono da Granxa é xa unha realidade

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, Indalecio Cuevas, inauguraron hoxe a escola infantil Trastes que oferta 72 prazas.

“Esta escola dá resposta a un servizo altamente demandado dende hai tempo na zona industrial, que permite aos traballadores e traballadoras do polígono conxugar a vida familiar e laboral”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Hoxe inauguramos Trastes, e estou seguro que pronto poderemos inaugurar outras escolas infantís no noso municipio, xa que traballamos para que así sexa e que O Porriño conte con máis prazas de educación infantil”.
O rexedor agradeceu á asociación de empresarios a súa implicación e destacou “a importancia de que entidades e administracións traballen da man, así é como se conseguen grandes cousas para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
No mesmo sentido se manifestou Indalecio Cuevas, que destacou o respaldo total do empresariado a este proxecto “que empresarios e traballadores necesitaban para poder conciliar e que ademais dará prioridade aos traballadores do polígono de A Granxa á hora de acceder ás prazas para que poidan ter aos seus fillos e fillas cerquiña mentres traballan”.
Ambos destacaron a profesionalidade, experiencia e bo facer de Trastes e realizaron unha visita ás instalacións do centro, localizada no Edificio de Servizos do Polígono de A Granxa.
A escola conta con cinco aulas totalmente equipadas para alumnos e alumnas de 0 a 3 anos e para actividades de 3 a 12 anos, ademais de zonas de hixiene e descanso, comedor, patio interior de xogo, cociña e patio exterior.
O proxecto educativo de Trastes O Porriño baséase na estimulación temperá, na comunicación detallada coas familias e na introdución natural do inglés. O seu horario é de 07.00 a 21.00 horas de maneira ininterrompida.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES