viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaAsomamos recupera os seus tradicionais xantar e Festival da Cantiga Galega

Asomamos recupera os seus tradicionais xantar e Festival da Cantiga Galega

Serán os días 17 e 22 de maio, respectivamente.

A Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas de Mos, Asomamos, organiza dúas importantes actividades tradicionais da asociación que se retoman tras dous anos pospostas pola crise sanitaria da COVID-19: o XII Xantar e o V Festival da Cantiga Tradicional Galega.

Desde organización declaran que están “moi ilusionados e desexosos de xuntarnos, falar, e pasalo ben”.

O 17 de maio no Restaurante Asador Manolo celebrarase o XII Xantar de Asomamos, amenizado musicalmente polo Grupo de Gaitas da ASC de Herville.

As reservas de invitacións poden facerse enviando un correo electrónico ao enderezo asomamos@gmail.com ou chamando ou enviando mensaxe de WhatsApp ao número 659 629 526. Tamén teñen invitacións os/as colaboradores/ras das parroquias.

O 22 de maio ás 19.00 horas no multiusos das Pozas terá lugar o V Festival da Cantiga Tradicional Galega no que actuarán a Coral Polifónica de Teis e os dous grupos de Asomamos: Cantaruxía e Coral Polifónica Asomamos. A entrada será libre ata completar aforamento.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES