martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísO xuíz ve indicios de homicidio no Villa de Pitanxo

O xuíz ve indicios de homicidio no Villa de Pitanxo

A Audiencia Nacional ve indicios de 21 homicidios imprudentes no naufraxio do Villa de Pitanxo. As declaracións contradictorias entre os tres superviventes, entre outros motivos, conlevan que o xultado de Marín investigue o naufraxio do pesqueiro.

A filla do patrón de máquinas desaparecido, María José do Pazo:

O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno enviou ao xulgado de Marín a investigación sobre o naufraxio do arrastreiro Villa de Pitanxo en augas internacionais próximas á illa de Terra Nova, no Canadá, ao ser esta a localidade onde radica o porto base do buque pesqueiro.

Segue así o criterio da Fiscalía, que considerou que a competencia para investigar o afundimento sería do xulgado territorial, o de Marín, e di no auto que «se concitan elementos indiciarios» que permitirían imputar «polo menos 21 delitos de homicidio por imprudencia grave e contra os dereitos dos traballadores».

O Villa de Pitanxo naufragou durante a madrugada do 15 de febreiro en augas canadenses con 24 mariñeiros a bordo, dos que unicamente sobreviviron tres. Só se puideron localizar os cadáveres de nove tripulantes.

A causa do afundimento chegou á Audiencia tras unha denuncia da Garda Civil de Pontevedra, que interrogou os tres únicos sobreviventes, entre eles o capitán; con versións contraditorias sobre a forma na que se produciu o afundimento e como faleceron por hipotermia os tripulantes.

Segundo o informe da Fiscalía, recollido no auto, o capitán Juan Enrique Padín dixo que sobre as 4:00 horas o motor parou, o que, dadas as condicións meteorolóxicas, determinou a entrada de auga pola aleta de babor ocasionando cada vez maior escora por babor.

Manifestou que ordenou o abandono do buque previa colocación do traxe de supervivencia e o chaleco salvavidas e que fixo a chamada de emerxencia. Segundo os datos técnicos, eran as 4:24 horas.

Ccon todo colocado, dixo, dispuxéronse as balsas por babor e estribor.

O seu sobriño, Eduardo Rial, relatou que o buque estaba a virar aos poucos e o motor parou, que empezou a entrar auga polo costado de babor e a escorarse e que o capitán deu o sinal de abandonar o buque. Entón, recolleu o traxe de supervivencia e o chaleco, co buque practicamente afundido.

A vesión de Samuel Koufie Kwesi contradi á do capitán

O terceiro sobrevivente, o mariñeiro Samuel Koufie Kwesi, explicou nun principio que, ao parar o motor, o barco quedou a mercé das ondas, de modo que empezou a entrar moita auga e se escorou cara a babor. Entón oíu ao capitán ordenar que subisen á ponte e fíxoo sen o traxe de supervivencia porque non lle deu tempo.

Pero nunha declaración posterior este mariñeiro deu unha versión absolutamente distinta: asegurou que o motor non para, senón que as maquiniñas que recollen o aparello deixaron de funcionar ben, provocando a escora.

Relatou que gritaron ao capitán que soltase os aparellos, pero que se negou, e que despois, co buque moi ladeado, o motor parou e incrementouse a escora de babor.

Tamén negou que o capitán ordenase poñer os traxes de supervivencia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES