miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasO CondadoA conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, reunirase coa Plataforma polo saneamento de...

A conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, reunirase coa Plataforma polo saneamento de Ribadetea

A xuntanza será o luns 14 de abril ás 13:00 horas, segundo a Plataforma.

Os veciños e as veciñas da Plataforma polo saneamento de Ribadetea reuniranse coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, este luns ás 13:00 horas. Así o fai saber a Plataforma nun comunicado no que explican que «valoramos moi positivamente a boa disposición que demostra a conselleira ao aceptar recibirnos» e apuntan a que «temos a confianza en que dita reunión sirva para darlle un pulo importante ao saneamento de Ribadetea». Para iso, «explicarémoslle as razóns da nosa reivindicacións, da importancia de darlle unha solución definitiva ás augas residuais dunha poboación concentrada de máis de 800 veciños e veciñas na ribeira do río Tea».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES