viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta compromete bonificacións para as empresas afectadas no incendio de Mos

A Xunta compromete bonificacións para as empresas afectadas no incendio de Mos

A administración autonómica traslada o seu apoio ás empresas afectadas polo incendio no polígono do Rebullón para que poidan recuperar a súa actividade canto antes.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, trasladou hoxe todo o apoio da Xunta ás seis empresas afectadas polo incendio do pasado domingo no polígono do Rebullón para que poidan recuperar canto antes a súa actividade.

Nunha xuntanza cos seus propietarios, Conde precisou que, neste momento, están facendo balance dos danos para cuantificar perdas e, nalgúns casos, valorar posibles localizacións provisionais. Son empresas do sector do transporte e a loxística, o comercio e distribución téxtil e de servizos nas que se estima que traballan preto de 200 persoas.

Segundo avanzou, constituíuse un grupo de traballo entre a Xunta, a Asociación de Empresarios de Mos, o Concello e as empresas afectadas para ir “identificando e salvando” cada unha das necesidades que se lles presenten. “Haberá unha implicación desde o punto de vista da axilización administrativa por parte do Concello e da Xunta”, avanzou Conde, quen tamén comprometeu axudas para as empresas que precisen financiamento cunha bonificación da taxa de interese ou para apoiar investimentos.

O vicepresidente económico recoñeceu que un suceso así, do que afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, vén complicar aínda máis a difícil situación pola que está pasando o tecido empresarial pola crise enerxética e de subministracións. Por iso, expresou o seu desexo de que as empresas afectadas poidan retomar rápido a súa actividade e que as perdas sexan o menos cuantiosas posible.

Conde, ademais, agradeceu a rápida actuación dos equipos de extinción e a coordinación coa que actuaron todas as administracións implicadas, empezando polo Concello de Mos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES