sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra amplía o programa de compostaxe doméstico

Salvaterra amplía o programa de compostaxe doméstico

Entrega novos composteiros.

O Concello de Salvaterra de Miño pon, de novo, ao disposición da veciñanza unha nova remesa de composteiros, dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, gracias á adhesión ao programa de compostaxe de SOGAMA que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Así, o Concello manten a súa extensión das prácticas de autocompostaxe á novas vivendas unifamiliares para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais.

Dado que os residuos orgánicos representan aproximadamente o 42% da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en contenedores verdes convencionais, o Concello entregará menos toneladas de lixo a SOGAM, reduncido deste xeito os custes.

Os veciños e as veciñas que se incorporen a esta nova fase, recibirán igualmente manuais didácticos nos que se explica de maneira detallada a técnica que hai que seguir para obter un compost de boa calidade.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES