Martes, Febreiro 17, 2026
HomeNewsO PaísGalicia urxe medidas económicas ao Goberno antes de fin de mes

Galicia urxe medidas económicas ao Goberno antes de fin de mes

Despois de que o Goberno anunciara que baixaría a luz, o gas e a gasolina o 29 de marzo. Feijóo urxiu hoxe medidas máis inmediatas porque a cidadanía “non chega a fin de mes” debido a crise xerada pola invasión rusa de Ucraína.

 Feijóo:

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou a posta en marcha inmediata de medidas para paliar “en parte” a suba de prezos das últimas semanas e reclamou ao Goberno que actúe xa, “onte mellor que mañá”, para reducir os prezos enerxéticos e de combustible, xa que “non pode estar de brazos cruzados” esperando a que Europa tome decisións.

“Non podemos esperar a fin de mes, porque a xente non chega a fin de mes”, asegurou o presidente da Xunta, en referencia ao anuncio do Goberno de adoptar decisións no Consello de Ministros do próximo día 29 de marzo.

A situación en Galicia é “límite en moitos sectores”, tanto pola alza de prezos, que xa era un problema anterior á guerra e que se agudizou, como pola folga de transporte, que ten a comunidade autónoma “colapsada”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS