Reúnense hoxe coa alcaldesa Cristina Fernández Davila co fin de ter máis información sobre o proxecto da mellora da estrada que anunciou o Ministerio.
A Plataforma Nacional 120 reúnese este luns coa alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, co fin de decidir se manteñen a manifestación que convocaron para o 1 de abril para reclamar a mellora da seguridade viaria da estrada. Os veciños e as veciñas que conforman a plataforma queren obter máis información sobre as actuacións que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou o venres mediante un comunicado de prensa porque, agora mesmo, ” como non se sometou a exposición pública, non sabemos que se vai facer”.
A esa xuntanza non irá o socio de goberno do Bloque Nacionalsita Galego, o PSOE, porque di un dos seus voceiros Jose Luis Campos que nun contexto no que “recibimos ataques do PSOE” e no que “perderon unha oportunidade de ouro”, din os da plataforma, “non queremos discutir con eles”. Avisa Campos que “agora é cando vén o traballo de verdade”.
Podes ecoitar a conversa completa aquí:

