jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo presenta 55.000 avais para presidir o PP

Feijóo presenta 55.000 avais para presidir o PP

Núñez Feijóo calificou o apoio de «abrumador» e adiantou que cómpre «un novo tempo nas formas e no fondo».

O aínda presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de presentar os avais na sede do PP, situada na rúa Génova da capital madrileña, para liderar o partido. En concreto,achegou máis de 55.000 avais, unha cifra moi superior se a comparamos, por exemplo, cos 5.000 de Pablo Casado nas primarias do ano 2018.

En declaracións aos medios, Núñez Feijóo, aseverou que está «preparado», facendo alusión ao lema da súa campaña, «para saír a rúa, dar a cara e pelexar cada voto». Avanzou que é hora de que chegue «un novo tempo tanto no contido como nas formas ao Partido Popular».

Co lema Preparados recorrerá ás Comunidades Autónomas do Estado para dar a coñecer o seu programa. O congreso no que se decidirá se Núñez Feijóo se converte no presidente do Partido Popular a nivel nacional celebrarase en Sevilla o día 1 e 2 de abril. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES