martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaFeijóo visita á industria mosense

Feijóo visita á industria mosense

O presidente da Xunta destacou, nas instalacións de Frialia Loxística en Mos, o compromiso do Goberno galego coa cadea mar-industria, cun investimento de máis de 100 millóns de euros desde 2016 para impulsar a competitividade das empresas de transformacións e apoiar ata 283 proxectos.

Logo de recordar que este ano a Administración autonómica destinará un orzamento de 19 millóns de euros para este mesmo fin, Feijóo aseverou que Galicia seguirá apoiando un sector estratéxico para a súa economía. Farao, expuxo, a través de estímulos ao consumo, con campañas de promoción dos produtos do mar, reforzando o sistema de trazabilidade que identifica a calidade e a orixe dos produtos ou fomentando a asistencia a feiras nacionais e internacionais.

Así mesmo, destacou a necesidade de impulsar iniciativas orientadas a reducir custes intensivos nas industrias como exencións de impostos ás inversións de autoabastecemento eléctrico. E, no eido da comercialización, confirmou unha achega global de 84 millóns de euros neste 2022 para o programa relacionado coa competitividade e mellora da calidade de produción pesqueira e acuicultura.

Exemplo de cooperación
Durante unha visita á nova plataforma loxística de Frialia en Mos, o responsable do Executivo galego referiuse a estas novas instalacións como un exemplo de cooperación entre empresas –Pescapuerta, Pereira e Profand- que se unen conformando o maior almacenista frigorífico da Ría de Vigo. Tamén sinalou a alianza entre as Administracións e o emprendemento, destacando a implicación do Concello de Mos para atraer investimentos á comarca. E, no eido da Administración autonómica, referiuse á aprobación da Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación e á Lei de Desenvolvemento de Áreas Empresariais, que se está a tramitar.

Feijóo aproveitou a súa intervención para salientar que a revisión da Política Pesqueira Común vai centrar as claves estratéxicas do futuro, tamén para a transformación dos produtos do mar e a loxística. Ao respecto, lembrou que Galicia conta cunha proposta consensuada co sector e farase escoitar para lograr un marco igualitario de xogo, ante unha industria tan globalizada.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES