O presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG agardará a maio para anunciar a data na que deixará o goberno de Galicia. Feijóo considera que son compatibles os cargos de presidente autonómico e presidente dun partido pero “non por moito tempo” porque ambos requiren adicación completa.
Alberto Núñez Feijóo:
Será a partir de maio cando desvele cantas “semanas ou meses” tardará en deixar o Goberno de Galicia para dedicarse en exclusiva a liderar o principal partido da oposición tras relevar a Pablo Casado.
Núñez Feijóo anunciou que, a partir do venres, viaxará ás comunidades autónomas para facer campaña ante a súa elección como novo líder do PP os días 1 e 2 de abril no XX Congreso Nacional da formación en Sevilla.
Sobre este congreso, Feijóo dixo desexar máis candidaturas porque serían un signo de normalidade. Apuntou que, a diferenza de 2018, cando outros deron o paso, agora búscase fichar a un “político da casa, que non vai improvisar” e os presidentes autonómicos puxeron o foco en Galicia e danlle o seu aval.

