sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísRetrásase a chegada dos mariñeiros do Villa de Pitanxo a Galicia

Retrásase a chegada dos mariñeiros do Villa de Pitanxo a Galicia

O avión do Exército do Aire que traslada os superviventes e as vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo atrasa a súa saída de Terra Nova polos trámites burocráticos que hai que realizar para a súa repatriación e polo tanto retrásase a súa chegada a Galicia, prevista para este luns ás 18.00 horas.

Este atraso comunicáronllelo aos familiares dos desaparecidos na xuntanza que mantiveron ás 11 desta mañá na Subdelegación do Goberno de Pontevedra.

Nesta xuntanza as familias reclamáronlles aos representantes do Goberno central que se retomen as tarefas de busca, xa que na zona hai pesqueiros que, aseguran, están podendo pescar.

 A pesar dos «atrasos», a intención era poder saír do Canadá o luns.

Este avión estaba previsto que chegase ás 18.00 horas deste luns a Santiago de Compostela. Tamén estaba previsto que fose recibido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o oresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pero este atraso impedirá que chegue a esa hora.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, dixo sobre este asunto que non se poden «concretar» os horarios porque depende do proceso de repatriación, «que non é doado».

Do memso xeito, Núñez Feijóo indicou que «hai unha serie de mecanismos legais» que se deben cumprir.»O Canadá é un país moi grande, con moitas distancias», proseguiu, «e hai que cubrir unha serie de cuestións, ademais de pasar todos os informes médicos».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES