sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasLouriñaMos ensina a usar dispositivos antiatragantamento nos colexios

Mos ensina a usar dispositivos antiatragantamento nos colexios

O Concello de Mos adquiriu dispositivos antiatragantamento para dotar deles ás tres escolas infantís, aos cinco centros de Educación Primaria e ao IES de Mos. Esta semana celebráronse xornadas formativas para o seu correcto uso.

Unha vez entregado o material aos centros educativos, esta semana celebráronse no Multiusos das Pozas unhas xornadas explicativas do seu funcionamento, a membros das esolas infantís, colexios e instituto, impartidas por Efren Pérez Pazos, responsable comercial de DECHOKER en Galicia e o seu compañeiro o Dr. Felipe Durán Romero, médico de urxencias.

DECHOKER é unha empresa que se dedica á venda, distribución e implantación de dispositivos antiatragantamento.

Esta iniciativa atópase enmarcada na campaña municipal para concienciar á poboación e á comunidade educativa sobre todo, da importancia dos atragantamentos, así como actuar ante eles con este dispositivo como arma para evitalo.

O Concello adquiriu dito dispositivo para dotar aos centros educativos municipais, e organizou estas xornadas informativas dirixidas ao personal que estes centros e as ANPAs dos mesmos designaron para recibir a información precisa para a súa utilización.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES