viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísSoben os positivos e os ingresos a piques de finar as restricións

Soben os positivos e os ingresos a piques de finar as restricións

As restricións acábanse para o consumo en barra, para moverse de 3 a 6 da mañá, regresa o ocio nocturno ata as 5 da madrugada as fins de semana… pero os casos activos volven subir con 6.000 novos contaxios nun día e 16 ingresos máis nos hospitais, deixando en 645 o hotal de hospitalizados COVID.

 Os casos activos volven subir , hai 523 positivos máis ca onte, logo de seis días en descenso. En total, hai 66.364 persoas con coronavirus en Galicia.

Os contaxios diarios foron 6.029 nas últimas 24 horas.

Todas as áreas sanitarias soben os seus casos activos, agás Vigo e Pontevedra, que baixan:

A Coruña: 14.402 (+261)

Vigo: 17.338 (-25)

Ourense: 6.813 (+46)

Santiago: 10.289 (+131)

Lugo: 6.710 (+100)

Pontevedra: 7.627 (-84)

Ferrol: 3.210 (+94)

Nos hospitais hai 16 ingresados máis en planta, pero mantense nas UCI. En total, hai 645 persoas ingresadas, 597 en planta e 48 en coidados intensivos.

O Sergas notificou a morte de cinco persoas máis con coronavirus, que alza a cifra a 2.902, desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES