sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísOs hospitais galegos superan os 600 ingresos de COVID-19

Os hospitais galegos superan os 600 ingresos de COVID-19

Feijóo califica de «estable» a situación nos hospitais galegos cando xa se superan os 600 ingresados. Atribúe a cifra a que na fin de semana non se dan altas hospitalarias. O 91% dos contaxiados galegos están nos seus domicilios.

Alberto Núñez Feijóo:

Galicia ten a ocupación hospitalaria de casos COVID-19 máis baixa de España, polo que Feijóo considera que a situación é «estable» en Galicia. O que lle preocupa é a situación na Atención Primaria que recoñece que está saturada. Culpa ao Estado por non convocar máis prazas MIR con máis especialidades.

Os casos activos soben por riba dos 72.000. En total, hai 72.573 persoas con coronavirus en Galicia.

Os contaxios diarios descenden con respecto a onte e rexístranse 4.916 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 14.747 (+91)

Vigo: 19.002 (+355)

Ourense: 8.149 (-251)

Santiago: 10.700 (-129)

Lugo: 7.439 (-108)

Pontevedra: 8.459 (+140)

Ferrol: 4.077 (+34)

En canto á presión hospitalaria, esta aumenta con respecto á xornada anterior, ao sumar 41 novos ingresos en planta, que deixan a cifra nos 556, mentres que as UCI mantéñense igual, con 54 hospitalizacións. En total, hai 610 persoas nos hospitais galegos.

O Sergas notificou dous novos decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.847 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES