viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoArbo finaliza a rehabilitación dos miradoiros no Miño

Arbo finaliza a rehabilitación dos miradoiros no Miño

Contou cun investimento de 28.841,22 €.

Arbo vén de terminar a rehabilitación dos miradoiros do Miño grazas a un convenio de colaboración enter a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello cun orzamento de 28.841,22 euros. A administración local busca, con esta acta actuación, «potenciar o turismo como un factor de crecemento económico e fomentar o turismo como un instrumento de reequilibrio territorial».

Os miradoiros obxecto da actuación sitúanse a carón da ponte internacional que comunica Arbo con Melgaço en Portugal. No mesmo entorno tamén se atopa a praia fluvial do Río Miño e un área recreativa con mesas e bancos de pedra. Están separados uns 200 m e comunícanse por un camiño de terra baixo os árbores da ribeira onde se atopan varias mesas e bancos de pedra, o que da inicio ao sendeiro Rio Miño- Rio Deva, que vai dende a Estación a Ponte Romanica de San Xoan. 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES