domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten máis de 500 hospitalizados por coronavirus

Galicia ten máis de 500 hospitalizados por coronavirus

Galicia rolda os 68.000 casos activos e xa ten 502 hospitalizados por coronavirus, medio cento en UCI. O ritmo de contaxios segue disparado con case 5.000 novos positivos nun día, cando aínda non chegamos ao pico da sexta vaga, que se prevé próximo.

Os casos activos seguen aumentando nesta xornada de luns (+2.389) e xa están por riba dos 67.000. En total, hai 67.724 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios descenden con respecto a onte, rexistrándose 4.966 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, a de Vigo segue á cabeza, con máis de 15.000 casos:

Vigo: 15.199 (+348)

A Coruña: 12.859 (+570)

Santiago: 12.010 (+357)

Ourense: 8.586 (+497)

Pontevedra: 7.929 (+240)

Lugo: 6.875 (+255)

Ferrol: 4.266 (+119)

Nos hospitais galegos rexistráronse 55 novos ingresos en planta, deixando o total en 449, mentres que baixa o número de hospitalizacións nas UCI (-2). En total, hai 502 persoas ingresadas, 449 e 53 respectivamente.

O Sergas notificou dous decesos por mor da covid nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 2.817 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES