miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasO CondadoComeza a mellora de mobilidade peonil na EP-4006 en Leirado

Comeza a mellora de mobilidade peonil na EP-4006 en Leirado

Ten un investimento de 186.000 euros para conseguir «unha contorna do centro escolar máis seguro».

«A contorna do centro escolar será un lugar máis seguro», apunta o Concello de Salvaterra de Miño, «grazas a un investimento de 186.000 euros financiado nun 80% pola institución provincial en un 20% polo Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos».

Este luns comezaron as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo Concello de Salvaterra.

As actuacións «servirán para mellorar a seguridade e mobilidade das persoas ao realizar un camiño escolar seguro cara o colexio de Leirado». Ademais, executarase unha senda peonil de 2,5 m de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, reducirase a velocidade a 30 km/h diante do centro escolar e executarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do colexio de forma segura.

Tamén se creará unha beirarrúa de formigón coloreado que dea continuidade ao itinerario peonil e unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. Finalmente, as obras contemplan a execución dunha nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

 
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES