viernes, abril 26, 2024
InicioNewsComarcasA Área de Vigo vacinará a 10.600 nenos e nenas contra a...

A Área de Vigo vacinará a 10.600 nenos e nenas contra a COVID esta semana

Son os menores de 12 anos, en concreto, os que corresponden ao grupo etario de entre 5 e 7 anos.

O SERGAS continúa a vacinación contra a COVID-19 dos nenos e das nenas no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI). Sanidade citou a 10.600 pacientes de entre 5 e 7 anos para o martes, mércores, xoves e sábado.

De xeito simultáneo, continuase tamén inoculando a dose de reforzo ao grupo etario de entre 40-49 anos e realizándose respescas de todas aquelas persoas que por algún motivo non acudiron a súa cita. En total, esta semana están convocadas 34.500 persoas.

Test de antíxenos en Cangas e Tomiño

A partir do mércores día 12 Sanidade realizará test de antíxenos en saliva noutros Concellos da Área sanitaria. Así, o mércores os equipo de profesionaies achegarase ata Cangas (antiga Casa do Mar) e Tomiño (auditorio de Goián). Serán con autocita, que pode solicitarse en: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES