viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísOs contactos estreitos dos positivos serán notificados polo móbil

Os contactos estreitos dos positivos serán notificados polo móbil

O Sergas adaptou xa a nova normativa estatal para protocolos de seguemento dos casos activos e dos seus contactos.Serán avisados no móbil. Galicia mantén as probas para todas as persoas con síntomas . Os contactos directos notifícanse por teléfono e as corentenas pasan de 10 a 7 días.

Case 250.000 galegos estiveron nos últimos días en contacto cunha persoa que é positiva por coronavirus. Para eles estréase hoxe un novo sistema de aviso que funcionou de xeito piloto a semana pasada e hoxe chega xa ao 30 % dos destinatarios.

Insisten no Sergas en que todos os contactos seguirán tendo seguimento, pero os que están vacinados coa dobre pauta ou unha de Janssen xa non terán que facer corentena.

O Sergas, insiste, faránselles probas a todas as persoas con síntomas. Os positivos de autotest serán considerados a todos os efectos e as corentenas pasan de 10 a 7 días.

O novo protocolo deriva dunha nova lectura da situación, en que a inmensa maioría dos casos son leves e en que temos a cuarta parte de ingresos que o pasado xaneiro. As proxeccións do Sergas son que, de seguir este ritmo, poderemos chegar aos 500 en planta e 140 na UCI, menos da metade da presión hospitalaria do pico de xaneiro de 2021.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES