sábado, mayo 4, 2024
InicioNewsO PaísA máscara volve ser obrigatoria no exterior agás para o deporte

A máscara volve ser obrigatoria no exterior agás para o deporte

Desde este venres, 24 de decembro, día de Noiteboa, a máscara volve ser obrigatoria ao aire libre, agás cando estamos a facer deporte, dando un paseo no ámbito rural ou en espazos naturais. A xunta recomenda un máximo de dúas unidades familiares nas celebracións de Nadal e está por ver que pasa co Fin de Ano e Reis.

Alberto Núñez Feijóo:

Como pedían varias autonomías, entre elas Galicia, a máscara volverá ser obrigatoria no exterior desde este 24 de decembro, agás para facer deporte ou para pasear no rural ou en espazos naturais, co fin de protexer á cidadanía ante a previsión de aglomeracións nas rúas e espazos abertos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a Xunta non impón restricións ao número de comensais nas casas para festexar a Noiteboa e o Nadal pero recomenda celebralas co núcleo familiar ou como moito en xuntanza dúas unidades familiares.

De cara aos festexos de Fin de Ano, segundo evolucionen os datos de contaxios, poderán decretarse novas medidas que poderían afectar ao número de comensais ou mesmo a hostalería ou ocio nocturno. Igualmente está por ver como se celebra a festividade de Reis, a día de hoxe a recomendación de máis peso é a de optar por visitas estáticas das súas maxestades en lugar de cabalgatas en movemento. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES